viernes, 25 de septiembre de 2026

Infantil en Autocine

 Esta mañá as nosas mestras sorprendéronnos cun cine á fresca.


Montadiños nos nosos autos de cartón desfrutamos do cine autocine
como facían hai anos nalgunhas cidades a mocidade.


Foi unha actividade conxunta para introducir 
o proxecto común do cine.

"Un Cole de Película"

Maxia en la Biblioteca Luís Davila do noso Sequelo

 Que mellor maneira de comezar o curso
 que cun espectáculo de maxia!

A escola de maxia "Magia en la Manga" 
está formada por 
ilusionistas con sede en Vigo
que actúan para escolares acercando a súa arte á cativada .
Hoxe tocounos a visita destes marabillosos magos 
cos que pasamos máxicos momentos na Biblioteca.
"A Igualdade non ten truco"
espectáculo que promove a igualdade de xénero e visibiliza o papel das mulleres no ilusionismo.


Ata fixeron participar ás nosas mestras.

  

Moitas Grazas á nosa ANPA
pola magnífica actividade de maxia!!!

Creatividade e Cine

 Misterios del Cine

Hoxe en 4⁰ imos traballar a creatividade 
mediante a expresión escrita, 
empregando apoios para estruturar o discurso.



Que historias disparatadas sairán de aquí?

Historias de Cine!!

miércoles, 23 de septiembre de 2026

Recreos na Biblio


A vida do alumnado do noso colexio como usuarios da Biblioteca durante os recreos está chea de momentos tranquilos e divertidos arredor dos libros e dos xogos.
Os diferentes recantos da Biblioteca Luís Davila do Sequelo favorecen a creatividade e a relación en grupo.
 
 Actividades de lectura informal


Xogos regrados en compaña e 

Xogos de construción


Empréstito de libros


Xadrez

Rincón de Arte



Esperámosvos!!!

Maleta Viaxeira en 3º de Primaria

 CONTOS PARA SORPRENDER E 
EMOCIONAR


Maleta Viaxeira


Lecturas para facer na aula como lectura persoal, 
en gran grupo ou en parellas.

Lecturas silenciosas ou en voz alta 
para compartir o pracer polos contos.

HORA DE LER

martes, 15 de septiembre de 2026

Premios de Ponte nas Ondas 2026

 

9º Certame 
de Recolla das Imaxes
 e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


PREMIOS

Na categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio levaron premio as seguintes imaxes de:

Axel Muíños Quintas 


Descripción de 1958 Ghabelas en Lampaza Rairiz de Veiga

Descrición de Axel Muíños Quintas da seitura do Centeo en Lampaza Rairiz de Veiga nos anos 50






...e Matilda Fernández García.


Descripción de 40s Homes de ferro en barcos de madeira

Mariñeiros de Marín traballando nas parellas da Coruña





NORABOA COMPIS!!!

miércoles, 9 de septiembre de 2026

PDI: "Un Cole de Película"

" UN COLE DE PELÍCULA"

Hoxe mércores, o primeiro día de clase, comezamos o cole 
 cunha actividade motivadora relacionada co PDI deste novo curso:

"Un Cole de Película"



Este proxecto ten como obxectivo:

Acercar a arte do cine ao alumnado como manifestación cultural e artística,

 utilizándoo como un espello para traballar  

valores humanos  en especial a empatía;

ao mesmo tempo que se desenvolve 

un consumo audiovisual responsable.

Recibimos ao alumnado cunha taquilla de cine
 onde puideron recoller unha entrada de cine
 para ter un primeiro contacto co PDI
e comezar a facer preguntas...
Na aulas as titoras introduxirían as clases a través dun diálogo en asemblea intentando adiviñar entre todos
a qué películas se referían os obxectos das maletas
que os sorprenderían nas aulas.

Despois de atopar os números das entradas nas cadeiras 
e coas luces apagadas, comezaban as curtas:
  • 3D Animated Short : "Soar" - by Alyce Tzue
  • Boundin' La Oveja Rapada (Cortometraje de Pixar)
  • Ratón en venta
  • "Caracois" Serie galega de animación realizada coa técnica  Stop-motion,
  • Charlie Chaplin - The Adventurer (1917) Cine mudo.
  • Looney Tunes "High Note" Opening and Closing
  • "The Birds"
  • "Bebé Bigotes" película coa técnica do stop-motion.
  • Viaje a la luna (Georges Méliès)
"Bebé Bigotes" na clase de Reli

Para tódolos públicos

sábado, 27 de junio de 2026

Inauguración do ascensor do Sequelo

  Inauguración oficial do ascensor

Por fin inauguramos o ascensor do noso colexio,

 unha importante adaptación do edificio

 con melloras de inclusión,

que facilita o acceso á primeira planta 

de toda a comunidade educativa.


Para a inauguración foi invitado o ex alumno Diego Soage.

Grazas Diego 
por acompañarnos neste día. 


viernes, 19 de junio de 2026

Festival de Fin de Curso

FESTIVAL FIN DE CURSO 2025-26


Un festival cargado de moitas emocións e aplausos 
que o alumnado do CEIP SEQUELO compartiu 
con toda a comunidade escolar.

Tivemos a visita dalgunhas titoras xubiladas: María e Menchi,
 que na entrega de diplomas aos máis lectores da Biblioteca,
 ou durante a entrega de orlas na graduación de 6º de Primaria, 
axudaron nos actos coma en cursos anteriores.

Bailes, Cancións...


Vídeos para o recordo visionados durante a graduación de Infantil, Poemas en inglés....

...e varias cancións a coro de todo o colexio. 

As cancións máis significativas relacionadas co proxecto deste curso, "Cóntame un Conto".

Estes foron algúns dos momentos máis animados do festival:





😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀

Despois da música e os bailes entregáronse os premios ás máis lectoras da Biblioteca "Luís Davila" do Sequelo.

A profesora Menchi, axudounos na entrega de diplomas
 recordando os seus días de dedicación á nosa Biblioteca.

Ainara Portabales Pontevedra de 2º de Primaria foi a máis lectora da nosa Biblioteca neste curso 25-26.


😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊

Logo chegaron as graduacións.
Con moita ilusión despedimos aos de 6º de Infantil e Primaria.




Moitas grazas a todos por participar neste final de curso,
e de manera especial, coma sempre,
 á nosa ANPA pola súa valiosa labor.

FELIZ VERANO!!!


Carteis de Cego

Dentro das propostas feitas ao principio de curso

 relacionadas co PDI "Cóntame un Conto",

aparecía a realización das 

"Maltrañas" 

(Carteis de Cego e Coplas de Cordel).


A clase de 5º traballou os Carteis de Cego.

O alumnado de 5º a partir dun conto portugués en prosa 
e usando unha melodía dun canto de cego e regueifas, 
versificárono en coplas.
Nesta imaxe temos un resumo visual do conto portugués que levaron a término e colgaron nun poste do noso patio.

Canto se aprende dos Contos!

O Libro Grande das Parábolas

 As Parábolas do Mestre

Que ilusión nos fixo, en especial ao alumnado de 1º, 
rematar as parábolas do noso Libro Grande.

Un xigante libro de contos, 
parábolas do Mestre de hai máis de 2000 anos,
 que foi diseñado e maquetado
 polo alumnado que asiste á clase de Relixión.




Canto aprendimos!!

jueves, 18 de junio de 2026

O Rollup da nosa Familia Educativa

 O Rollup da nosa Familia Educativa

 Unha exalumna do noso centro, Noelia García del Río, 

deseñounos este impresionante Rollup que agora ve a luz. 

Pousa na foto xunto ao seu irmán Yoel, alumno de 2º

Moitas Grazas, Noelia!!!

Biblio-Verán

 O último día de clase deste curso 
o alumnado léctor  que fixo a reserva 
poderá levar para casa os 5 libros escollidos 
para lectura para deste verán.

No andel das novidades están expostos algúns títulos que recibimos nesta semana como doazón para a nosa Biblioteca.

Moitas Grazas!!




Un libro, unha aventura.

miércoles, 17 de junio de 2026

Concurso de Ponte nas Ondas

1959 Voda en Marín 


 Foto compartida por Nicolás Fernández García de 1º de Primaria

para o certame Imaxes do patrimonio de Ponte nas Ondas.



   Voda en Marín. 

Os taxis levaban aos noivos á voda 

e participaban os nenos da familia.