Este venres, 12 de maio, empezamos a celebración das Letras Galegas 2023 coa presenza dun magnífico debuxante e ilustrador, Víctor Rivas.
Ofreceu un obradoiro en tres sesións para todos os alumnos.
Estes son algúns dos libros nos que participou.
Ao final dos obradoiros asinou exemplares persoais e máis os da biblioteca escolar, nomeadamente os de Ledicia Costas: "Esmeraldina, a pequena defunta", "Escarlatina, a cociñeira defunta".
- Exposición dalgúns dos libros da súa obra e cartelería da súa vida.
'Podédelo escoitar facendo click nos enlaces
Os alumnos de 6º traballaron a rica fraseoloxía galega arredor do verbo "falar" participando así no "Movemento Falarei" unha iniciativa da empresa de leite Feiraco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario