jueves, 11 de mayo de 2023

Xadrez no CEIP SEQUELO

XADREZ

 Dende o curso 2021-22 unha serie de campionatos on-line derivaron no noso club de Xadrez. Está formado por un grupo de alumnos con representación de todos os cursos, que coa tutela do profesor de Orientación dedican unha hora nas tardes dos mércores para aprender, compartir un tempo arredor dos taboleiros de xadrez e mesmo participar nunha pequena liga.


Nesta liña de promoción deste xogo (ou deporte) celebraremos uns torneos online onde invitaremos a participar a toda a comunidade educativa do noso centro.

Todas as tardes dos mércores xuntámonos para aprender a xogar ao fascinante xogo do xadrez na biblioteca do CEIP Sequelo. Neste curso está sendo todo un éxito pola cantidade de alumnado que participa, desde 1º a 6º cursos de primaria.

Ánimo e a seguir xogando!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario