lunes, 20 de octubre de 2025

Día das Bibliotecas 2025

 Celebramos o Día das Bibliotecas 

o 24 de outubro

O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación.

Descubriron que ademais de contos fantásticos tamén existen outros libros moi interesantes:
Libros de ciencias naturais, animais e o corpo humano
 na sección 5 de cor verde;
Libros divertidísimos de arte e música na sección 7 de cor rosa;
Libros de emocións e valores na sección 1 de cor azul claro...


As bibliotecas escolares son un ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio,  lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario