lunes, 20 de octubre de 2025

Formación de Usuarios: 1º de Primaria

 Novos Usuarios da Biblioteca

Este pasado luns o alumnado de 1º de primaria asistíu á formación de usuarios para poder facer uso da  Biblioteca no tempo de recreo.

  • Buscaron e revolveron polos andeis por algún conto para levar emprestado.
  • Recordaron os seus números de carnet.
  • Tiveron o seu primeiro contacto coa CDU: clasificación decimal universal dos libros nas bibliotecas.

Descubriron que ademais de contos fantásticos tamén existen outros libros moi interesantes:
Libros de ciencias naturais, animais e o corpo humano
 na sección 5 de cor verde;
Libros divertidísimos de arte e música na sección 7 de cor rosa;
Libros de emocións e valores na sección 1 de cor azul claro...



Nesta formación de usuarios tamén coñeceron as normas de uso da Biblioteca e a súa organización.

Esperamos convertilos en lectores competentes e preocupados polos nosos recursos bibliotecarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario