Obradoiro de Música Tradicional
Este xoves, a asociación "Ponte nas ondas!"
levou a cabo un obradoiro no CEIPP Sequelo de Marín para o alumnado de 5º e 6º de Primaria coa participación de
levou a cabo un obradoiro no CEIPP Sequelo de Marín para o alumnado de 5º e 6º de Primaria coa participación de
Pancho Álvarez,
músico e investigador musical,
e habitual colaborador de músicos como Carlos Núñez.
O obradoiro "O PATRIMONIO NAS ONDAS"
pretende transmitir ás novas xeracións as expresións musicais do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués
pretende transmitir ás novas xeracións as expresións musicais do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués
dunha forma dinámica e lúdica
na que os participantes se sintan intérpretes e protagonistas
a través dunha sesión con música realizada en directo.
É unha actividade na que o músico lles amosa
un conxunto de instrumentos musicais tradicionais
para que os asistentes teñan un achegamento
ao patrimonio musical galegoportugués ao longo da historia.
Pancho Álvarez vai interprentando as músicas nun formato “radiovisual” na que o alumnado, ao mesmo tempo,
vai preparando un guión de radio,
e participa acompañado polo músico,
na interpretación dos temas musicais.
Moitas Grazas!

No hay comentarios:
Publicar un comentario